CS Produción de audiovisuais e espectáculos

Contorno profesional

As persoas que obteñan o título de técnico superior en produción de audiovisuais e espectáculos han exercer a súa actividade no sector da produción de calquera tipo de programa audiovisual (cine, vídeo, multimedia, televisión, radio e novos

medios), así como na produción de espectáculos (artes escénicas, producións musicais e eventos).

As ocupacións e postos de traballo máis salientables son os seguintes:

  • Axudante de produción de cine.
  • Axudante de produción de vídeo.
  • Axudante de produción de televisión.
  • Axudante de produción de animación.
  • Axudante de produción de multimedia.
  • Axudante de produción de radio.
  • Xefe/a de produción de espectáculos en vivo e eventos.
  • Axudante de produción de espectáculos en vivo e eventos.
  • Xerente de compañía.

 

Organización dos módulos profesionais do ciclo formativo de grao superior de produción de audiovisuais e espectáculos para o réxime ordinario

1º MP0910. Medios técnicos audiovisuais e escénicos. 187 (7 sesión semanais)

1º MP0915. Planificación de proxectos audiovisuais. 266 (10 sesión semanais)

1º MP0918. Planificación de proxectos de espectáculos e eventos. 213 (8 sesión semanais)

1º MP0920. Recursos expresivos audiovisuais e escénicos. 187 (7 sesión semanais)

1º MP0923. Formación e orientación laboral. 107 (4 sesión semanais)

Total 1º (FCE) 960

 

2º MP0916. Xestión de proxectos de cine, vídeo e multimedia. 157 (9 sesión semanais)

2º MP0917. Xestión de proxectos de televisión e radio. 140 (8 sesión semanais)

2º MP0919. Xestión de proxectos de espectáculos e eventos. 105 (6 sesión semanais)

2º MP0921. Administración e promoción de audiovisuais e espectáculos. 175 (10 sesión semanais)

2º MP0924. Empresa e iniciativa emprendedora. 53 (3 sesión semanais)

Total 2º (FCE) 630

2º MP0922. Proxecto de produción de audiovisuais e espectáculos. 26

2º MP0925. Formación en centros de traballo. 384


 

Cualificacións profesionais completas incluídas no título:

a) Asistencia á produción cinematográfica e de obras audiovisuais, IMS221_3 (Real decreto 1228/2006, do 27 de outubro), que abrangue as seguintes unidades de competencia:

  • UC0703_3: organizar a produción de proxectos cinematográficos e de obras audiovisuais.
  • UC0704_3: xestionar os recursos de produción de proxectos cinematográficos e de obras audiovisuais.
  • UC0705_3: supervisar os procesos de traballo da produción cinematográfica e de obras audiovisuais.
 
 

b) Asistencia á produción en televisión, IMS074_3 (Real decreto 295/2004, do 20 de febreiro), que abrangue as seguintes unidades de competencia:

  • UC0207_3: organizar a produción de proxectos de televisión.
  • UC0208_3: xestionar os recursos de produción de televisión.
  • UC0209_3: controlar e verificar os procesos de traballo do produto televisivo.
 
 

c) Asistencia á produción de espectáculos en vivo e eventos, IMS437_3 (Real decreto 1957/2009, do 18 de decembro), que abrangue as seguintes unidades de competencia:

  • UC1405_3: organizar e xestionar a preprodución de proxectos de espectáculos en vivo e eventos.
  • UC1406_3: xestionar a produción e a representación de espectáculos en vivo e eventos.
  • UC1407_3: avaliar os resultados de proxectos de espectáculos en vivo e eventos.

 

 

 

Mapa