CM video disc-jockey e son

Contorno profesional

As persoas que obteñan o título de técnico en Vídeo Disc-jockey e Son han exercer a súa actividade no ámbito do son para producións de cine, vídeo, televisión, multimedia, radio, industria discográfica, espectáculos e instalacións fixas de sonorización, en empresas grandes, medianas e pequenas, públicas ou privadas, en televisións, produtoras de cine e vídeo, emisoras de radio, produtoras discográficas, empresas de dobraxe e de sonorización, produtoras de espectáculos e empresas dedicadas á produción de eventos musicais públicos, tales como bares musicais, discotecas, salas de festa, salas de baile, salas de concertos ou festivais, así como en eventos non estritamente musicais, tales como desfiles de moda, presentacións publicitarias ou feiras de mostras, e en grandes, medianas e pequenas empresas, por conta propia ou allea, dedicadas ao tratamento dixital de imaxes.

O Fondo Social Europeo cofinancia este ciclo.

 

As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son os seguintes:

  • Axudante de son en televisión.
  • Microfonista de cine e vídeo.
  • Microfonista de concertos musicais.
  • Microfonista de espectáculos escénicos.
  • Axudante de montaxe de son en cine.
  • Disc-jockey.
  • Vídeo-jockey.
  • Vídeo disc-jockey.
  • Light-jockey.
  • Retocador/ora fotográfico/a dixital.

 

Organización dos módulos profesionais do ciclo formativo de grao medio de Vídeo Disc-jockey e Son para o réxime ordinario

1º MP1298. Instalación e montaxe de equipamentos de son. 213h (8 sesións semanais)

1º MP1299. Captación e gravación de son. 213h (8 sesións semanais)

1º MP1301. Preparación de sesións de vídeo disc-jockey. 187h (7 sesións semanais)

1º MP1304. Toma e edición dixital de imaxe. 240h (9 sesións semanais)

1º MP1305. Formación e orientación laboral. 107h (4 sesións semanais)

Total 1º (FCE) 960

 

2º MP1300. Control, edición e mestura de son. 157h (9 sesións semanais)

2º MP1302. Animación musical en vivo. 210h (12 sesións semanais)

2º MP1303. Animación visual en vivo. 210h (12 sesións semanais)

2º MP1306. Empresa e iniciativa emprendedora. 53h (3 sesións semanais)

Total 2º (FCE) 630 

2º MP1307. Formación en centros de traballo. 410 (horas).


 

Cualificacións profesionais completas incluídas no título:

a) Operacións de son, IMS436_2 (Real decreto 1957/2009, do 18 de decembro), que abrangue as seguintes unidades de competencia:

UC1402_2: instalar, montar, desmontar e manter o equipamento en producións de son.

UC1403_2: colaborar en operacións de mestura directa, edición e gravación en producións de son.

UC1404_2: situar e direccionar a microfonía en producións de son.

 

b) Animación musical e visual en vivo e en directo, IMS434_2 (Real decreto 1957/2009, do 18 de decembro), que abrangue as seguintes unidades de competencia:

UC1396_2: preparar a infraestrutura e colaborar na programación e na promoción de sesións de animación musical e visual en vivo e en directo.

UC1397_2: realizar sesións de animación musical en vivo e en directo integrando elementos luminotécnicos, escénicos e visuais.

UC1398_2: realizar sesións de animación visual en vivo integrando elementos luminotécnicos, escénicos e musicais.


 

 

 

 

 

Mapa