Contorno profesional

As persoas que obteñan o título de técnico superior en iluminación, captación e tratamento de imaxe han exercer a súa actividade no ámbito da captación e o rexistro de imaxes e da iluminación, en produtoras de cine e vídeo e en emisoras de televisión, así como en empresas dedicadas á iluminación espectacular en calquera clase de espectáculos e eventos, e tamén en empresas dedicadas á elaboración, a xeración e o tratamento dixital de imaxes fotográficas.

 

As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son os seguintes:

  • Cámara de cine, vídeo e televisión.

  • Axudante/a de cámara.

  • Cámara de ENG.

  • Iluminador/ora de televisión.

  • Axudante/a de iluminación.

  • Responsable de iluminación en espectáculos en vivo.

  • Luminotécnico/a de espectáculos en vivo.

  • Técnico/a de mesas de control de iluminación en espectáculos.

  • Fotógrafo/a.

  • Foto fixa.

  • Reporteiro/a gráfico/a.

  • Retocador/ora fotográfico/a dixital.

  • Supervisor/ora de sistemas dixitais e vectoriais de imaxe.

 

Organización dos módulos profesionais do ciclo formativo de grao superior de iluminación, captación e tratamento de imaxe para o réxime ordinario

 

1º MP1158. Planificación de cámara en audiovisuais. 133 (5 sesións semanais)

1º MP1159. Toma de imaxe audiovisual. 187 (7 sesións semanais)

1º MP1161. Luminotecnia. 213 (8 sesións semanais)

1º MP1162. Control da iluminación. 133 (5 sesións semanais)

1º MP1164. Toma fotográfica. 187 (7 sesións semanais)

1º MP1169. Formación e orientación laboral. 107 (4 sesións semanais)

Total 1º  (FCE) 960

 
 

2º MP1160. Proxectos de iluminación. 105 (6 sesión semanais)

2º MP1163. Proxectos fotográficos. 122 (7 sesión semanais)

2º MP1165. Tratamento fotográfico dixital. 140 (8 sesión semanais)

2º MP1166. Procesos finais fotográficos. 70 (4 sesión semanais)

2º MP1167. Gravación e edición de reportaxes audiovisuais. 140 (8 sesión semanais)

2º MP1170. Empresa e iniciativa emprendedora. 53 (3 sesión semanais)

Total 2º (FCE) 630

 2º MP1168. Proxecto de iluminación, captación e tratamento de imaxe. 26

2º MP1171. Formación en centros de traballo. 384.


 

Cualificacións profesionais completas incluídas no título:

a) Cámara de cine, vídeo e televisión, IMS294_3 (Real decreto 1200/2007, do 14 de setembro), que abrangue as seguintes unidades de competencia:

  • UC0939_3: colaborar no desenvolvemento do plan de captación e rexistro de proxectos audiovisuais.

  • UC0940_3: verificar a adecuación técnica e a operatividade dos recursos de captación e rexistro.

  • UC0941_3: colaborar no deseño e na execución da iluminación de producións audiovisuais.

  • UC0942_3: obter imaxes segundo os criterios técnicos, artísticos e comunicativos do proxecto audiovisual.

 

b) Luminotecnia para o espectáculo en vivo, IMS075_3 (Real decreto 295/2004, do 20 de febreiro), que abrangue as seguintes unidades de competencia:

  • UC0210_3: participar na elaboración da iluminación dun espectáculo en vivo, manténdoa e reproducíndoa en distintas situacións de explotación.

  • UC0211_3: xestionar, coordinar, supervisar e realizar a montaxe, a desmontaxe e o mantemento dos equipamentos de iluminación para un espectáculo en vivo.

  • UC0212_3: servir ensaios e funcións.

 

 c) Produción fotográfica, IMS441_3 (Real decreto 1957/2009, do 18 de decembro), que abrangue as seguintes unidades de competencia:

  • UC0928_2: dixitalizar e realizar o tratamento de imaxes mediante aplicacións informáticas.

  • UC1417_3: deseñar, organizar e xestionar proxectos fotográficos.

  • UC1418_3: supervisar e realizar a escenografía, a iluminación, a captación, o rexistro e a valoración da calidade das imaxes fotográficas.

  • UC1419_3: garantir os procesos de entrega, arquivo e conservación de imaxes e materiais fotográficos.


 

Mapa