CS Realización de audiovisuais e espectáculos 

Contorno profesional

As persoas que obteñan o título de técnico superior en realización de proxectos audiovisuais e espectáculos han exercer a súa actividade no sector da produción e a realización de calquera tipo de programas audiovisuais (cine, vídeo, multimedia, televisión e novos medios) e no da produción e a realización de espectáculos (artes escénicas, producións musicais e eventos).

As ocupacións e postos de traballo máis salientables son os seguintes:

  • Axudante de dirección en cine.
  • Axudante de realización de vídeo.
  • Axudante de realización de televisión.
  • Responsable de área de audiovisuais (en empresas alleas á actividade).
  • Montador/ora de cine.
  • Editor/ora montador/ora de vídeo.
  • Xefe/a de rexedoría.
  • Rexedor/ora de espectáculos en vivo.
  • Rexedor/ora de eventos.
  • Rexedor/ora de paredes.

 

Organización dos módulos profesionais do ciclo formativo de grao superior de realización de proxectos audiovisuais e espectáculos para o réxime ordinario

1º MP0902. Planificación da realización en cine e vídeo. 160 (6 sesión semanais)

1º MP0904. Planificación da realización en televisión. 160 (6 sesión semanais)

1º MP0906. Planificación da montaxe e a posprodución de audiovisuais. 186 (7 sesión semanais)

1º MP0908. Planificación da rexedoría de espectáculos e eventos. 160 (6 sesión semanais)

1º MP0910. Medios técnicos audiovisuais e escénicos. 187 (7 sesión semanais)

1º MP0912. Formación e orientación laboral. 107 (4 sesión semanais)

Total 1º (FCE) 960

 

2º MP0903. Procesos de realización en cine e vídeo. 157 (9 sesión semanais)

2º MP0905. Procesos de realización en televisión. 140 (8 sesión semanais)

2º MP0907. Realización da montaxe e posprodución de audiovisuais. 140 (8 sesión semanais)

2º MP0909. Procesos de rexedoría de espectáculos e eventos. 140 (8 sesión semanais)

2º MP0913. Empresa e iniciativa emprendedora. 53 (3 sesión semanais)

Total 2º (FCE) 630

 2º MP0911. Proxecto de realización de proxectos de audiovisuais e espectáculos. 26

2º MP0914. Formación en centros de traballo. 384


Cualificacións profesionais completas incluídas no título:

a) Asistencia á dirección cinematográfica e de obras audiovisuais, IMS220_3 (Real decreto 1228/2006, do 27 de outubro), que abrangue as seguintes unidades de competencia:

  • UC0700_3: determinar os recursos necesarios para o desenvolvemento do proxecto audiovisual.
  • UC0701_3: coordinar a dispoñibilidade e a adecuación dos recursos humanos, técnicos e artísticos necesarios para a rodaxe ou a gravación.
  • UC0702_3: organizar e controlar a rodaxe ou a gravación, e o proceso de posprodución.
 
 

b) Asistencia á realización en televisión, IMS077_3 (Real decreto 295/2004, do 20 de febreiro), que abrangue as seguintes unidades de competencia:

  • UC0216_3: coordinar o desenvolvemento das necesidades de realización dunha produción televisiva, do espazo escénico e da posta en escena en distintas localizacións.
  • UC0217_3: asistir no control de realización dunha produción televisiva mediante o control de medios técnicos e humanos.
  • UC0218_3: participar na posprodución de produtos televisivos.
 
 

c) Montaxe e posprodución de audiovisuais, IMS296_3 (Real decreto 1200/2007, do 14 de setembro), que abrangue as seguintes unidades de competencia:

  • UC0947_3: planificar o proceso de montaxe e posprodución dun produto audiovisual.
  • UC0948_3: preparar os materiais e os efectos necesarios para a montaxe e a posprodución.
  • UC0949_3: realizar a montaxe integrando ferramentas de posprodución e materiais de procedencia diversa.
  • UC0950_3: coordinar os procesos finais de montaxe e posprodución ata serrar o produto audiovisual final.
 
 

d) Rexedoría de espectáculos en vivo e eventos, IMS431_3 (Real decreto 1957/2009, do 18 de decembro), que abrangue as seguintes unidades de competencia:

  • UC1420_3: determinar as necesidades técnicas e artísticas, e planificar os ensaios de espectáculos en vivo e eventos.
  • UC1421_3: rexer e supervisar os procesos técnicos e artísticos na preparación e no desenvolvemento dos ensaios de espectáculos en vivo e eventos.
  • UC1422_3: rexer e supervisar os procesos técnicos e artísticos na ejecución de espectáculos en vivo e eventos, en local estable e en xira.

 

 

 

Mapa