CS Son para audiovisuais e espectáculos
Contorno profesional.
As persoas que obteñen este título exercen a súa actividade no sector audiovisual, radiofónico, discográfico, do espectáculo, de eventos e de instalación de estruturas fixas e efémeras de sonorización en recintos coutados.
As ocupacións e postos de traballo máis salientables son os seguintes:
- Xefe/a de son de cine, audiovisuais e espectáculos.
- Técnico/a de son de cine e audiovisuais.
- Técnico/a de son directo.
- Técnico/a de gravación musical.
- Técnico/a de gravación de son en estudio.
- Técnico/a de son para PA ("public address").
- Técnico/a de monitores de son.
- Técnico/a de sistemas de son.
- Técnico/a de son en sistemas sen fíos.
- Técnico/a en sistemas de microfonía.
- Especialista de son.
- Montador/ora e editor/ora de son.
- Mesturador/ora e masterizador/ora de son.
Organización dos módulos profesionais do ciclo formativo de grao superior de son para audiovisuais e espectáculos para o réxime ordinario
1º MP1096. Planificación de proxectos de son. 107 (4 sesión semanais) 1º MP1097. Instalacións de son. 213 (8 sesión semanais) 1º MP1098. Son para audiovisuais. 267 (10 sesión semanais) 1º MP1103. Electroacústica. 133(5 sesión semanais) 1º MP1104. Comunicación e expresión sonora. 133 (5 sesión semanais) 1º MP1106. Formación e orientación laboral. 107 (4 sesión semanais) Total 1º (FCE) 960 2º MP1099. Control de son en directo. 140 (8 sesión semanais) 2º MP1100. Gravación en estudio. 175 (10 sesión semanais) 2º MP1101. Axustes de sistemas de sonorización. 87 (5 sesión semanais) 2º MP1102. Posprodución de son. 175 (10 sesión semanais) 2º MP1107. Empresa e iniciativa emprendedora. 53 (3 sesión semanais) Total 2º (FCE) 630 2º MP1105. Proxecto de son para audiovisuais e espectáculos. 26 2º MP1108. Formación en centros de traballo. 384
Cualificacións profesionais completas incluídas no título:
a) Desenvolvemento de proxectos e control de son en audiovisuais, radio e industria discográfica, IMS438_3 (Real decreto 1957/2009, do 18 de decembro), que abrangue as seguintes unidades de competencia:
|
b) Desenvolvemento de proxectos e control de son en vivo e en instalacións fixas, IMS439_3 (Real decreto 1957/2009, de 18 de decembro), que abrangue as seguintes unidades de competencia:
|