Benvida

O IES Audiovisual de Vigo é un centro superior de formación profesional de titularidade pública, dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Ofrece actualmente os ciclos de Produción de audiovisuais e espectáculos, Realización de audiovisuais e espectáculos, Son para audiovisuais e espectáculos, Video disc-jockey e son e Iluminación, captación e tratamento de imaxe.

ORIENTACIÓN

Como centro de formación profesional, o IES Audiovisual prima sobre todo a parte práctica nas súas ensinanzas, co obxectivo de conseguir que os nosos alumnos realicen ó longo dos seus estudos exercicos que se asemellen o máis posible á realidade laboran que se van atopar cando rematen. Potenciamos as colaboracións con outros centros, institucións e organizacións, así como a realización de prácticas interciclos, a imitación dos sistemas de traballo reais do audiovisual.

 

OBXECTIVOS

O IES Audiovisual naceu para converterse na referencia do sector audiovisual en todo o sur de Galicia. Pouco a pouco, os alumnos egresados do noso centro están a ocupar os postos técnicos dentro do sector audiovisual galego, para continuar a ser un dos máis destacados dentro do conxunto do estado español.

 

LINGUA

O IES Audiovisual de Vigo ten a obriga de cumprir co establecido na Lei 3/1983 de Normalización Lingüística e coas disposicións e normativas que a desenvolven. Pero, ademáis, asume o compromiso de apostar decididamente pola promoción da lingua galega en todos os ámbito do proceso audiovisual, a fin de convertela na lingua vehícular do sector.


 

Mapa