Historia

O IES Audiovisual de Vigo naceu en 2005 coa intención de converterse nun centro de referencia audiovisual no sur de Galicia. 

Está ubicado no barrio vigués de Bouzas, un barrio con moita historia e rodeado de asteleiros. 

Abreu as súas portas no curso 2005/2006 co Ciclo Superior de Son para audiovisuais e espectáculos na modalidade ordinaria, con 22 alumnos.

Dada a súa recente creación, é un centro novo dotado con modernas instalacións e coa última tecnoloxía dixital. 

Ao longo destes anos, o centro medrou e integrou novos ciclos da familia profesional, tanto na modalidade ordinaria como na de adultos, chegando a ter 407 estudantes matriculados no último curso académico.

Na actualidade conta cos seguintes ciclos: 

 

Réxime ordinario

  • CM Video disc-jockey e son.
  • CS Produción de audiovisuais e espectáculos.
  • CS Realización de proxectos audiovisuais e espectáculos.
  • CS Iluminación, captación e tratamento de imaxe.
  • CS Son para audiovisuais e espectáculos.
 

Réximen de adultos presencial

  • CS Produción de audiovisuais e espectáculos.
  • CS Realización de proxectos audiovisuais e espectáculos.
 

Réxime de adultos a distancia

  • CS Son para audiovisuais e espectáculos.

Mapa