Admisión e matrícula

1ª ADXUDICACIÓN_19 DE XULLO:

Hoxe publicouse a 1ª adxudicación. Se tiveches sorte e obtiveches praza, debes matricularte antes deste venres, 22 de xullo, ás 13.00. Máis info aquí

Se obtiveches praza no curso de especialización /máster FP en Audiodescrición e Subtitulación, debes matricularte agora tamén, pero o prazo remata o martes, 26, ás 13.00. Máis info aquí. Como quedaron prazas dispoñibles neste máster, podes matricularte desde mañá mesmo aínda que non figures na 1ª adxudicación! Faino canto antes, xa que estas prazas dánse por orde de chegada 😉

SEGURO ESCOLAR: se es menor de 28 anos, debes abonar o seguro escolar. (1,12€). Deixamos aquí o número de conta: ES33 2080 0572 5230 4000 1291. Debes facer constar o teu nome completo cando fagas o ingreso.

ADMISIÓN (23 xuño – 5 xullo)

Para alumnado de 1º Ordinario e para todo o alumnado de Modular e Distancia: debedes SOLICITAR ADMISIÓN e logo esperar á ADXUDICACIÓN. No caso de conseguir a adxudicación, entón será o momento de MATRICULARSE.

Info para solicitar admisión (prazo do 23 de xuño ao 5 de xullo ás 13.00). A solcitude faise online e tedes que fixarvos no documento final se debedes presentar algunha documentación no instituto ou non (na maioría dos casos non tedes que presentar nada máis e todo é online). Máis info aquí. Podes consultar este titorial para aprender a facer a solicitude de admisión.

Para alumnado de 2º de ordinario: tedes reservada a praza para continuar o ciclo. Debedes matricularvos nos prazos que vos indicaron desde titoría (en caso de dúbida, preguntade en conserxería).

Consulta as nosas recomendacións se é a primeira vez que queres matricularte no CS de Son a Distancia.