Modalidades

A formación profesional adáptase ás necesidades formativas dos estudantes, ofertando cursos completos ou por módulos, presenciais, a distancia ou con formación en empresas

Existen catro modalidades para cursar os ciclos de formación profesional que se imparten no centro:

Réxime ordinario:

Este réxime está organizado en cursos, normalmente dous, en turnos de mañá e tarde.

A asistencia a clase é obrigatoria.

O alumnado que esté en condicións de pasar a segundo curso deberá realizar unha solicitude de admisión aínda que teña a praza garantizada sempre que sexa no mesmo centro.

O alumnado que teña que repetir o curso terá que realizar unha nova solicitude de admisión, aínda que terá a praza garantizada sempre que repita por primeira vez no mesmo centro e ciclo.

Réxime para persoas adultas en modalidade presencial:

Este réxime está organizado en módulos que se imparten ao longo de tres trimestres do curso.

A xornada lectiva desenvólvese polo xeral en turno de tarde-noite.

A asistencia a clase é obrigatoria.

Nos módulos de ciclos LOE asociados a unidades de competencia o alumnado pode matricularse sen cumprir os requisitos de acceso, sempre que acredite dous anos de experiencia laboral no ámbito da familia profesional do ciclo formativo.

Para a obtención do título será preciso ter os requisitos de acceso e superar todos os módulos do ciclo formativo.

En cada curso haberá que facer unha nova solicitude de admisión. Neste caso, aínda que a praza non esté garantida, cada módulo superado incrementa a puntuación de participación no proceso de admisión.

Réxime para as persoas adultas na modalidade semipresencial ou a distancia:

Este réxime está organizado en módulos que se imparten ao longo dos tres trimestres do curso.

A asistencia ás titorías e outros eventos formativos presenciais é recomendable, pero non obrigatoria. Para a realización das actividades a distancia seguiranse as instrucións do titor do curso.

Nos módulos de ciclos LOE asociados a unidades de competencia o alumnado pode matricularse sen cumprir os requisitos de acceso, sempre que acredite dous anos de experiencia laboral no ámbito da familia profesional do ciclo formativo. Para a obtención do título será preciso ter os requisitos de acceso e superar todos os módulos do ciclo formativo.

En cada curso haberá que facer unha nova solicitude de admisión. Neste caso, aínda que a praza non esté garantida, cada módulo superado incrementa a puntuación de participación no proceso de admisión.

Réxime FP Dual:

A FP dual é unha modalidade de formación profesional que ten como finalidade a cualificación profesional das persoas nun réxime de alternancia combinando a formación do alumnado no centro educativo coa súa formación e a súa actividade profesionalizadora na empresa.

No IES Audiovisual de Vigo (EAV) ofertamos a modalidade no que o alumnado que está a cursar 2º CURSO do réxime ordinario dun ciclo formativo ten a posibilidade de participar na modalidade dual no período de xaneiro a xuño. Non existe a posibilidade de matricularse en 1º ou en modular por este réxime, de momento.