A partir do 20 de xullo!
Se xa tes adxudicada a praza, debes matricularte. Primeiro, deberás obter o modelo de impreso de solicitude de matrícula que estará dispoñible en http://www.edu.xunta. gal/fp.
Este documento, cuberto coa matrícula e asinado, deberá entregarse persoalmente ou por persoa autorizada no instituto. Así mesmo, está dispoñible o servizo de reserva/matrícula de praza a través da aplicación informática; esta é unha opción máis recomendable que a de efectuala de xeito presencial.
De non efectuar a matrícula no prazo correspondente á praza adxudicada perderá o dereito á súa praza e só poderá matricularse no caso de existir prazas vacantes.
Consulta aquí a DOCUMENTACIÓN MATRÍCULA. Se fas reserva/matrícula de praza a través da aplicación informática, deberás igualmente entregar no centro o resgardo de ter pagado o seguro escolar e o documento de dereitos de imaxe (se solo debes entregar isto no centro, podes envialo por correo postal).
PRAZOS DE MATRÍCULA
1ª adxudicación 20 de xullo
Matriculación 1ª adxudicación 20 de xullo ás 9:00 ao 26 de xullo ás 13:00 horas
2ª adxudicación 28 de xullo
Matriculación 2ª adxudicación 28 de xullo ás 9:00 ao 30 de xullo ás 13:00 horas
Se queres estudar un ciclo de formación profesional, tanto no réxime ordinario como no de persoas adultas no IES Audiovisual de Vigo, coma en calquera centro galego sostido con fondos públicos, é necesario participar nun proceso de admisión. Este proceso determina os requisitos de acceso que deben cumprir os solicitantes, así como os prazos de presentación de solicitudes e matrícula.
O primeiro prazo de solicitude de matrícula (período de admisión) comeza o 25 de xuño e remata o 5 de xullo (ás 13:00). É un proceso centralizado, a través da web da consellería. Enlaces:
G. Superior http://www.edu.xunta.es/fp/node/13647
G. Medio http://www.edu.xunta.gal/fp/admision-curso-2021-2022
Curso de Especialización (Audiodescrición e Subtitulación) http://www.edu.xunta.gal/fp/admision-cursos-especializacion-2021-2022
Aclaración sobre o proceso de admisión: para aclarar dúbidas sobre a terminoloxía, pincha aquí