Xornadas portas abertas

Unha oportunidade para coñecer a familia profesional de Imaxe e Son de primeira man

O alumnado de 4º da ESO e 2º de Bacherelato poden coñecer de cerca algunhas das opcións profesionais que oferta o IES Audiovisual de Vigo, antes de decidir se continúan ou non coa súa formación académica

O centro programa cada ano dous tipos de eventos destinados a informar dos ciclos da familia de Imaxe e Son aos estudantes do sur de Galicia.

  • Xornada para Orientadores de centros de ensino de secundaria. Os orientadores dos centros acoden ao IES Audiovisual de Vigo para coñecer de primeira man os procedementos de ingreso e para familiarizarse coas capacitacións profesionais que ofrecen os distintos ciclos. Normalmente esta xornada celébrase en febreiro.
  • Xornada de Portas Abertas. As persoas interesadas en cursar calquera ciclo formativo dos que ofertamos poden visitar as nosas instalacións, coñecer as distintas modalidades educativas que ofrecemos (réxime ordinario, modular presencial, modular a distancia ou fp dual), metodoloxía docente e procedementos de admisión. Este evento soe celebrarse a finais de abril ou principios de maio.

As datas exactas destes eventos publicítanse a través das redes sociais en cada curso académico, e para anotarse débese chamar ao centro.