Remataches o CS de Realización ou o de Produción? Matricúlate no Máster FP de Audiodescrición e Subtitulación!

16/06/2022

Debedes SOLICITAR ADMISIÓN e logo esperar á ADXUDICACIÓN. No caso de conseguir a adxudicación, entón será o momento de MATRICULARSE.

Info para solicitar admisión nos CURSOS DE ESPECIALIZACIÓN (Máster de FP): prazo do 23 de xuño ao 5 de xullo ás 13.00. A solcitude faise online e tedes que fixarvos no documento final se debedes presentar algunha documentación no instituto ou non (na maioría dos casos non tedes que presentar nada máis e todo é online). Máis info sobre o proceso de admisión aquí

ÚNICO CENTRO PÚBLICO GALEGO CON ESTA OFERTA! UNHA PROFESIÓN CON FUTURO! INFO SOBRE O CURSO AQUÍ

Para alumnado de 1º Ordinario e para todo o alumnado de Modular e Distancia: debedes SOLICITAR ADMISIÓN e logo esperar á ADXUDICACIÓN. No caso de conseguir a adxudicación, entón será o momento de MATRICULARSE.

Info para solicitar admisión (prazo do 23 de xuño ao 5 de xullo ás 13.00). A solciitude faise online e tedes que fixarvos no documento final se debedes presentar algunha documentación no instituto ou non (na maioría dos casos non tedes que presentar nada máis e todo é online). Máis info aquí. Podes consultar este titorial para aprender a facer a solicitude de admisión.

Para alumnado de 2º de ordinario: tedes reservada a praza para continuar o ciclo. Debedes matricularvos nos prazos que vos indicaron desde titoría (en caso de dúbida, preguntade en conserxería).

Consulta as nosas recomendacións se é a primeira vez que queres matricularte no CS de Son a Distancia.

10/05/2022

Consulta o calendario das probas a celebrar no noso centro, así como as programacións dos módulos profesionais (onde podes consultar o tipo de proba e os contidos a avaliar).

Lembra que é obrigatorio asistir á xornada de acollemento do día 2 de xuño como requisito previo a presentarte ao exame de calquera módulo.

Moita sorte!

09/12/2021

Xa falta pouco para o noso concurso de bandas! Máis info, no seguinte enlace

17/11/2021

Consulta aquí as candidaturas para a elección dos representantes de alumnado, profesorado, PAS e familias (eleccións ao CE dos días 23, 24 e 25 de novembro)

11/11/2021

Le aquí a convocatoria, publicada no taboleiro de anuncios o pasado día 8, xunto cos censos. Tamén se inclúe a composición das mesas electorais. O día de votación para elixir aos representantes do alumnado e das familias (responsables) será o xoves, 25 de novembro. As candidaturas poden presentarse ata o martes 16.

07/09/2021

Consulta aquí os horarios da presentación do curso (15 e 16 de setembro)

22/07/2021

Quedaron algunhas prazas dispoñibles no réxime modular destes dous ciclos. Podedes consultalo aquí. Tedes un primeiro prazo ata o día 26 para matricularvos. Adxudícanse por orde de chegada!