CONVOCATORIA BOLSAS CONSORCIO PRACTICUM DEPO

18/11/2019

Esta convocatoria ten por obxecto a adhesión de centros de FP da provincia de Pontevedra que impartan especialidades de grao medio para formar un consorcio de mobilidade coa finalidade de presentar de forma conxunta unha solicitude ao SEPIE ( Servicio Español para a Internacionalización da Educación) dentro da convocatoria Erasmus+ 2020, de maneira que o alumnado recén titulado en ciclos medios de FP, docentes e persoal dos centros adheridos realicen prácticas laborais en Europa.

Mobilidades para persoal e estudantes

Este ano hai concedida unha mobilidad para persoal para viaxar a un país da UE durante o curso 2019-2020 e de unha mobilidade para estudiantes recén titulados.

Os criterios para a selección para os ProXectos de mobilidade para beneficiarios e persoal de ensinanzas de FP do programa Erasmus+ e os establecidos no Proxecto Practicum Depo 2019.

Data de presentación de solicitudes da mobilidade para persoal: 7 ao 18 de novembro de 2019

Data de presentación de solicitudes da mobilidade para estudantes: 1 ao 15 de xuño de 2020.

Para máis información e inscripción enviar un email a international.eav@gmail.com