Instalacións

O centro está dividido en varias zonas.

Na entrada, temos a conserxería, administración e unha aula de estudio e outra de convivencia para os alumnos.

Na primeira planta están as 8 aulas dos ciclos superiores, a sala de profesores e os despachos do equipo directivo e dos departamentos.

No baixo, está a zona dos VDJs e as áreas de son e imaxe.

Temos un estudio de posprodución, un estudio de gravación, un estudio de radio e 11 cabinas de edición de son.

Na zona de imaxe hai 11 cabinas de montaxe, un aula de corrección de cor e un plató fotográfico.

No que chamamos fase 2 está o plató de televisión, co seu control, o plató virtual e o teatro (con camerinos e almacéns de decorados e atrezzo)

O centro conta cun auditorio que ten un aforo de case 300 butacas.