Historia

O IES Audiovisual de Vigo nace en 2005 coa intención de convertirse nun centro de referencia audiovisual no sur de Galicia

Quince anos facendo camiño formando a técnicos do sector audiovisual e de espectáculos

2005

O IES Audiovisual de Vigo nace coa intención de convertirse nun centro de referencia audiovisual no sur de Galicia.
Inagurouse o edificio en novembro de 2005 despois de acometer unha reforma integral na edificación inicial.

Curso 2005/2006

Inaugurase ofertando o Ciclo Superior de Son para audiovisuais e espectáculos na modalidad ordinaria, con 22 alumnos.

Curso 2006/2007

Amplíase a oferta educativa coa incorporación do Ciclo Superior de Produción en Audiovisuais, radio e espectáculos.

Curso 2012/2013

O CS de Realización de proxectos audiovisuais na modalidade modular inclúese na oferta do centro.

Curso 2013/2014

O IES Audiovisual de Vigo é o primeiro centro público galego que oferta o CM de Videodisc-jockey e Son. E o primeiro en España que oferta o CS de Son para Audiovisuais na modalidade de distancia. Durante ese curso concédeselle ao centro a Carta Erasmus: “Erasmus Charter for Higher Education 2014-2020”.

Curso 2014/2015

O CS de Realización de proxectos audiovisuais tamén se oferta en réxime ordinario

Curso 2015/2016

Incórporase á oferta formativa o CS de Iluminación, Captación e tratamento de Imaxe en réxime ordinario.

Actualidade

O centro conta con máis de 400 estudiantes matriculados nas diferentes modalidades dos ciclos formativos e cun cupo de 30 profesores.

Galería de fotos