O IES Audiovisual de Vigo (EAV) é un centro de formación profesional dependiente da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional da Xunta de Galicia. Na EAV o ensino é público e gratuíto.
É un dos dous institutos galegos públicos adicados exclusivamente ás ensinanzas de FP da familia de Imaxe e Son. Neste centro fórmanse a profesionais do sector audiovisual galego e español, nas ramas de Son, Produción, Realización, Imaxe e VídeoDJ. Nos vindeiros días publicaremos os horarios do réxime modular para o curso 2022-23. En setembro publicaremos os horarios do réxime ordinario, pero adiantamos que en cada ciclo haberá clase todas as mañás (9.00-14:30) e dúas tardes (16.30-19:00).
Máster de FP / Curso de Especialización- Máster de FP en Audiodescrición e Subtitulación (único centro público en Galicia que oferta o único máster de FP da familia de Imaxe e Son). Horarios de tarde. Requisito de acceso: ter finalizado o CS de Produción ou o CS de Realización. INFO SOBRE O CURSO AQUÍ
CM Vídeo disc-jockey
Ciclo Medio. Réxime ordinario
As persoas que obteñan o título de técnico en Vídeo Disc-jockey e Son exercen a súa actividade no ámbito do son en televisións, produtoras de cine e vídeo, emisoras de radio, produtoras discográficas, empresas de dobraxe e de sonorización, produtoras de espectáculos e empresas dedicadas á produción de eventos musicais públicos, tales como bares musicais, discotecas, salas de festa, salas de baile, salas de concertos ou festivais, así como en eventos non estritamente musicais (desfiles de moda, presentacións publicitarias ou feiras de mostras,…)
CS Iluminación, captación e tratamento de Imaxe
Ciclo Superior. Réxime ordinario
O título de técnico superior en iluminación, captación e tratamento de imaxe permite exercer a actividade laboral no ámbito da captación, do rexistro de imaxes e da iluminación en produtoras de cine e vídeo e en emisoras de televisión. Tamén se pode traballar en empresas adicadas á iluminación de espectáculos e eventos e en empresas dedicadas á elaboración, á xeración e ao tratamento dixital de imaxes fotográficas.
CS Produción de audiovisuais e espectáculos
Ciclo Superior. Réxime ordinario e modular
As persoas que obteñan o título de técnico superior en produción de audiovisuais e espectáculos poden exercer a súa actividade laboral no sector da produción de calquera tipo de programa audiovisual (cine, vídeo, multimedia, televisión, radio e novos medios), así como na produción de espectáculos (artes escénicas, producións musicais e eventos).
CS Realización de proxectos de audiovisuais e espectáculos
Ciclo Superior. Réxime ordinario e modular
O título de técnico superior en realización de audiovisuais e espectáculos permite exercer a súa actividade laboral no campo da realización de calquera tipo de programa audiovisual (cine, vídeo, multimedia, televisión, radio e novos medios), así como na realización de espectáculos (artes escénicas, producións musicais e eventos).
CS Son para audiovisuais e espectáculos
Ciclo Superior. Réxime ordinario e modular a distancia.
As persoas que obteñen este título exercen a súa actividade no sector audiovisual, radiofónico, discográfico, do espectáculo, de eventos e de instalación de estruturas fixas e efémeras de sonorización en recintos acoutados.