Premios

Recoñecementos ao traballo diario da comunidade educativa do centro

O IES Audiovisual de Vigo, nos últimos anos, veu recoñecidas as súas innovadoras metodoloxías de traballo e a labor docente do seu profesorado con diversos premios por parte de institucións educativas.

Os proxectos educativos galardoados fomentan a participación activa do alumnado na súa propia experiencia de aprendizaxe e na consecución dunha cidadanía solidaria e comprometida coa sociedade.

Premio

“Unha boa práctica de cine”

Premio Nacional de Boas Prácticas na categoría á mellora do éxito educativo convocado polo Ministerio de Educación. Convocatoria 2018.

Premio

Festival de Cine Inclusivo “Consentido”

Premio Nacional de Educación á Inclusión de Alumnos con Necesidades Educativas Especiais. Convocatoria 2017.

Premio

Premio Nacional de Educación para o Desenvolvemento Vicente Ferrer

Polo “Concerto Sentido Emocional” realizado conxuntamente co IES de Chapela. Convocatoria 2015.

Premio

Premio Nacional Francisco Giner de los Ríos

Polo proxecto
“S.I.R.A (Sistema integral de rexiduría na aula)” do docente Xosel Díaz Rivera. Convocatoria 2019.

Premios extraordinarios

Entre o noso alumnado figuran estudantes que acadaron o galardón de Premio Extraordinario da familia profesional de Imaxe e Son. Estes premios recoñecen publicamente os méritos excepcionais baseados no esforzo e no traballo do alumnado que cursou con un excelente resultado académico estudios de FP en Galicia.

Premio Extraordinario

José Ricardo Paredes Pampín

Cursou o CS de Son para Audiovisuais no noso centro no 2014-15.

Premio Extraordinario

Keka Iglesias Losada

Cursou o CS de Produción de Proxectos Audiovisuais e Escénicos no noso centro no 2017-18.