Traballos e palmarés

Pezas audiovisuais premiadas en distintos festivais do sector

Algúns dos traballos realizados polo alumnado no marco das actividades docentes foron seleccionados e galardoados en diversos festivais do sector audiovisual, tanto galegos como do resto da península. Todos eles son froito do traballo e o esforzo grupal, xa que desde o centro preténdese que o alumno/a introdúzase en dinámicas de produción onde o que interesa é a obtención dun produto final completo.

“Encender la mirada”

Documental gañador do Festival Internacional de Cine de Ponferrada na Sección Escolas.
Finalista en Olloboi (Boiro).
Finalista en Primeiro Olhar (Viana do Castelo). 2021

Apertura de Negro: un pequeno estudio en Vigo enchese de luz mentras a vista se sumerxe en diferentes elementos: polbo, follas, bolsa…Saindo do pintor Din Matamoro está a súa figuración

“Golden Boy”

Documental finalista na Sección Escola do FICBUEU.
Finalista en Olloboi (Boiro).
Finalista en Primeiro Olhar (Viana do Castelo). 2021

Berto é un mozo vigués que practica catro disciplinas diferentes de deportes de contacto e que aspira ao seu primeiro título de Kick Boxing profesional de España.

“Marbel: 40 anos despois”

Documental finalista da Sección de Escolas no festival FICBUEU.
Finalista no Festival Olloboi, 2018.
9 MIN.2018

Ao Marbel, un barco conxelador, se lle avaría o motor, sendo arrastrado ata chocar coas Illas Cíes e afundirse, levando consigo 27 vidas. Aínda que pasaron 40 anos, un 27 de xaneiro de 1978, segue moi presente en moitos fogares.

“Pegaso 650”


Documental gañador da Sección Escolas no festival FICBUEU. 2019. 7 MIN.

Alumnos do colexio Vista Alegre de Vigo volvían, o 10 de abril de 1979, dunha excursión a Madrid, cando nunha ponte sobre o Río Órbigo, en Santa Cristina de la Polvorosa, sufriron un accidente. Só 9 nenos e un soldado sobreviviron. Diferentes persoas cóntannos como foron os días posteriores e como se lembra actualmente.

Connection

Primeiro premio no Festival Cinedfest 2015.
7 MIN

Pedro está a preparar unha cea romántica para saber se Raquel está interesada nel. Amigos e familiares do mozo preocúpanse da velada dunha maneira especial. A cita empeza con bo pé ata que se vai a luz.

Necrofilia II

Segundo premio no Festival Cinedfest 2015.
7 MIN

Despois dunha noite de festa, Karen, unha estudante universitaria, descobre que ten un estraño proído que poñerá ao descuberto un macabro secreto que reúne morte e sexo.

“Carapuchiña Vermella e o pobo feroz

Sacho de Ouro á mellor curtametraxe no Festival Curtello.
18 MIN. 2011

O Lobo vive so nos bosques. Un día coñece a Carapuchiña, unha fermosa moza filla dun rico terrateniente. O que parece unha relación soñada, vai converterse para o Lobo nun pesadelo cunhas consecuencias fatais..

“Arredemo cos 27”

Premio á mellor curtametraxe galega no Festival de cine da Roca de Guitiriz. 2014. 23 MIN

Antón é un músico de rock obsesionado coa idea de formar parte do club dos 27. O tempo esgótase, nuns días cumprirá 28. Un revés precipitará os acontecementos.